Friday 26 de April de 2024

A Policía Autonómica realizou máis de 200 inspección na ponte festiva na provincia da Coruña en 53 operativos para controlar as medidas ante a Covid-19


No marco destes controis os axentes levaron a cabo 53 operativos en 13 concellos da provincia coruñesa, nas que identificaron a 189 persoas

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante esta ponte do 4 aos 12 de decembro 53 dispositivos na provincia da Coruña no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19. Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron 216 inspeccións en trece concellos da provincia na pasada ponte festiva, que deron como resultado a identificación de 189 persoas e a tramitación de 48 actas de infracción.
En base a este Plan, a Policía Autonómica destinou efectivos entre o 4 ao 12 de decembro a controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión do virus. Leváronse a cabo dispositivos en seis municipios da provincia en Ames, Boiro, Carballo, Cee, A Coruña, Dumbría, Ferrol, A Laracha, Muxía, Narón, O Pino, Santiago de Compostela e Teo.
No conxunto da comunidade galega, os axentes actuaron en 213 operativos en 52 municipios cun total de 582 inspeccións, con máis de 665 persoas identificadas e 101 denuncias tramitadas.
Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.
Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.